Page Loader




ESTIVEMOS NO CITURDES

img_20161019_095917Esta semana estivemos cunha comunicación no X Citurdes. Congreso Internacional de Turismo Rural. Esta edición celebrouse en Compostela, na Facultade de Xeografía e Historia da USC do 19 ao 21 co obxectivo de articular un espazo de balance crítico arredor to turismo rural. A nosa principal motivación para asistir foi aportar ó  debate académico a nosa reflexión crítica sobre o turismo rural e o desenvolvemento destes territorios ante a evidencia de que o TER non tivo até o momentoprovocado grandes transformacións nestes. Crimos por iso urxente poñernos  en contacto experiencias, e partillar recursos para que a súa implantación nos territorios sexa fructuosa para todas as partes.

img_20161019_101742Tivemos o pracer de asistir á ponencia da Profesora Marta Irving, da Universidade Federal do Rio de Janeiro: “Integrando natureza e cultura pela perspectiva da ecologia social: áreas protegidas como foco privilegiado para reflexão. Aprendemos con ela a pensar en clave de tres ecoloxías: a ambental, a social e a intersubxectiva. Aportounos un semilleiro de referencias que podedes ver nas imaxes. A nosa participación realizouse no GT 7. Tecnoloxía e cambios no TER: “Conectando o local…”. A continuación chegámosvos a nosa aportación en 5 puntos:

1. Os media locimg-20161019-wa0003ais (re)existen nun proceso de homoxenieización e estandarización cultural e de territorialización dos mass media.
2. Cómpre reafirmar a soberanía dos territorios e o seu dereito de se definiren no seu espazo de interaccións e experiencias.
3. Existen poucas canles de interlocución entre locais e entramado turístico, alleo ás demandas da cidadanía.
4. Estes medios teñen capacidade mediadora entre esta e o sector turístico, transmitindo p.e. modelos de base comunitaria.
5. Esta foi e é a vocación da televisión local Televinte, que plantexa o salto á rede a través da #CanleRibeiraSacra

 

Citurdes1

 

img_20161019_120028Aínda que as nosa visión do desenvolvemento comunitario e sobre os obxectivos do turismo no ámbito rural difería das dxs nosxs compañeirxs de táboa de traballo, tomamos moitas referencias, coñecemos a persoas moi intresantes coma a Conceição Malveira Diógenes, do Brasil. Falou dun tema que nos toca de perto: o enoturismo “Enoturismo em São Roque (SP): estudos preliminares de suas dimensões socioespaciais”, Na táboa “Desruralización, desagrarización e perda de identidade”.

Interesadas tamén pola ponencia da Asunción Blanco Romero, da Universitat Autònoma de Barcelona coa súa ponencia “Turismo, resiliencia de los territorios de interior”, unha exposición arredor das “4 R”: Resilencia, Revalorización, Reinvención e Reconversión. Puxo como exemplo os #xeodestinos da Ribeira Sacra.

Houbo moito máis, aquí a nosa selección. Toda a info: http://www.usc.es/es/congresos/citurdes/index.html

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>