Page Loader

Exposición Manuel Jorge

Footer Icon

CARTEL_MJ_webEn Airoá Comunicación levamos meses a traballar nun emocionante proxecto que se materializará o vindeiro 3 de setembro. Trátase da 1ª retrospectiva en Galicia do arquitecto e pintor chantadino Manuel Jorge. Pero quen é este artista extrañamente descoñecido na súa vila natal?

Manuel Jorge nace en Chantada no ano 1929. Despois de estudar o bacharelato na súa vila natal, trasládase a Madrid para preparar o ingreso á Escola Superior de Arquitectura mentres se empapa dos museos da cidade e se forma en debuxo, entre outras disciplinas. Nada máis licenciarse, no ano 59, volve a Chantada para practicar a pintura de xeito autodidacta.

Durante o ano seguinte, vive e pinta en Menorca, chegando a expoñer os seus froitos na prestixionsa Galería Biosca de Madrid, dirixida entón por Juana Mordó.

Nese mesmo ano, no 61, trasládase a Cadaqués, onde rodeado de artistas coñece á pintora finlandesa Christina Snellman, que pouco tardaría en converterse na súa compañeira de vida.

Pasados un par de anos, ámbolos dous se instalan en Xàbia, Alicante, onde Manuel erixe os seus primeiros proxectos arquitectónicos. Chegan a vivir uns meses en París mentres pintan na Cité Internationale des Arts, entre outras tantas viaxes a Finlandia e diferentes países do mundo.

Manuel cultivou dende entón as súas dúas paixóns: a arquitectura e a pintura, mantendo esta última en segredo durante décadas.

Sorprende saber que aínda hoxe non pon en venta ningunha das súas pezas; máis de 2.000 entre as que se inclúen esbozos, pinturas e obras gráficas.

Manuel Jorge conta dende 2003 cunha fundación propia que se encarga da difusión e xestión de toda esta obra. Nos seus arquivos figuran tamén os planos e fotografías dos seus traballos como arquitecto.

 

Pinceladas galegas, trazos mediterráneos é o título desta exposición comisariada por Alba Sánchez e María Tomé, que conta coa colaboración da Fundación Manuel Jorge e o Concello de Chantada, e terá lugar do 3 de setembro ao 30 de outubro en Chantada. Unha selección dunhas 50 obras divididas en dous espazos da vila e dúas liñas artísticas.

18_la_lola_galega copiaA Casa da Cultura (Casa de Lemos) e a súa contorna aínda conservan parte desa Chantada da que Manuel Jorge ten lembranzas. Por iso se atopan nela as obras da primeira época, con mostras de entre os anos 1958 e 1982 á excepción do intenso retrato azul da súa nai, do 2002, que preside a entrada.

Unha mostra figurativa, na meirande parte de retratos, coa maioría das obras pintadas en Chantada ou relacionadas con Galicia. O retrato a óleo do seu pai, os apuntes de dúas rapazas chantadinas, algún tráxico suceso e escenas cotiás da vila representadas a acuarela e tinta china. Ou xa pintadas en Menorca, o retrato da Lola, muller galega; e as historias de mariñeiros contadas ao pé da lareira das que Manolo se lembraba con nostalxia.

 131_81x65 copiaNa Sala do Auditorio descubrimos a outra parte de Manuel Jorge. Pinturas que dan conta das viaxes feitas xunto a Christina Snellman. Por iso tiña que ser ela quen nos recibise aquí, retratada nun gran cadro azul durante o ano 2012.

O resto de obras compréndense entre os anos 1996 e 2005, abstractas todas pero variadas nas súas formas. Relacionadas mediante os seus trazos coa súa arquitectura. Planos e fotografías dan conta deste feito ademáis de amosarnos a súa influencia mediterránea nunha arquitectura orgánica e respectuosa coa natureza.

A inauguración será o día 3 de setembro na Casa da Cultura ás 19h. 

duo_stellaeÁs 20h, no Auditorio municipal, haberá un concerto de cámara homenaxe ao artista. Piano e violín sonarán co Duo Stellae e tamén cos irmáns e músicos profesionais Manuel, Javier e Luís López Jorge, familiares directos do artista. Propoñen un percorrido musical que xorde da mensaxe emocional dalgunhas das súas pinturas, que serán proxectadas durante a interpretación. Unha viaxe a través de catro compositores: Robert Schumann, Claude Debussy, Isaac Albéniz e Manuel López Jorge.

Un emocionante desenlace para ese primeiro encontro de fai un ano, onde lle fixeramos unha entrevista ao artista. 17 minutos de emotiva sabiduría que aquí adxuntamos e recomendamos ver!

 

Máis información no noso espazo de facebook e evento da expo.