Page Loader




Presentación do KIT de activación dixital

A pasada semana estivemos na Coruña, no mítico Kioslo Alfonso, participando nunha xornada organizada por Coruña Dixital con motivo da presentación do seu Kit de activación dixital. A sesión coordinada por Sergio Lago co traballo de Roi Guitián e María Lado, Gingko, e Cristina de la Torre, La Mujer Forzuda, grande colaboradora nosa! Foi unha ocasión perfecta para relacionármonos e coñecer a persoas e colectivos afíns,  con proxectos moi na liña dos nosos. Coñecemos  de primeira man o traballo, non só de Gingko e La Mujer Forzuda, senón tamén de Videodinamizartee Olloboi.

2018-02-03-kit-1-1E que é o Kit de activación Dixital? Pois segundo a organización:O Kit de Activación Dixital é unha guía, pero tamén un punto de encontro entre persoas que fan e persoas que queren facer. Serve para poñer en común experiencias, retos e recursos cos que poder expandir novas prácticas culturais e activistas a través da creación audiovisual e a comunicación dixital, pensando especialmente nas aulas de ensino (formal ou non) e nos espazos culturais de proximidade, pero tamén en asociacións veciñais, culturais ou vinculadas a colectivos específicos. En definitiva, para todas esas profesionais, activistas ou persoas implicadas que, nalgunha ocasión, pensaron en facer “algo” en formato dixital para involucrar a terceiros, divulgar coñecementos ou explorar posibilidades, e ao momento desbotaron a idea por irrealizable coas súas posibilidades.

A nosa Presidenta, Mercedes Vázquez, presentou tres dos nosos proxectos:

27539954_1517646278347947_8326063954992391574_nTICTACTIC. Espazo de capacitación en tecnoloxías da información e o coñecemento destinado a preadolescentes. Facilita o acceso a competencias dixitais, online e mais e offline, así coma o emprego responsable de dispositivos e plataformas tecnolóxicas ás que acceden na cotidianidade. Pon foco nas ferramentas que axudan a afrontar proxectos grupais e que fomenten a colaboración, organización, a creación de redes de traballo, así coma promoción do espírito crítico.

OBRADOIRO STOP ACOSO. En colaboración co IES Val do Asma realizouse en maio de 2016 co alumnado de 2º da ESO un obradoiro para dar a coñecer a potencialidade da  técnica de animación Stop Motion . A temática escollida pola rapazada foi o bulliyng ou acoso escolar, un asunto que precisa ser traballado con urxencia nos centros educativos. A peza-resultado deste obradoiro ten por título “Stop-acoso” e foi realizada polos rapaces e rapazas, quen propuxeron a temática, deseñaron o entorno, tomaron as fotografías e idearon a banda sonora.

PINGUEIRA. I Encontro transdisciplinar de coaprendizaxe en contexto [pingueira.airoa.gal], organizado con Nova Escola Galega tivo lugar entre no IES Val do Asma en Chantada e o Ecomuseo de Arxeríz o pasado setembro de 2016, dirixido a toda a comunidade educativa. Alumnado, profesorado, familias, investgadorxs en pedagoxía… Abordou nesta primeira edición a Educomunicación e a tecnociencia co obxectivo de conectar, visibilizar e confrontar distintas investigacións e praxes transdisciplinares entre a educación, comunicación, creación contemporánea e as tecnociencias.

Se tedes algunha experiencia neste eido, non dubidedes en compartila!! O prazo está aberto ata o 28 de febreiro! A organización anímanos así:

Na práctica, o primeiro que temos que facer é entrar no espazo web, onde atoparemos as explicacións pertinentes e detalladas sobre o Kit, así como a súa filosofía de conectar (aos usuarios con iniciativas e profesionais que as desenvolven), inspirar (en base a experiencias xa realizadas) e activar (ao novo usuario cunha guía metodolóxica para desenvolver o seu propio proxecto). Esta última parte, a da guía metodolóxica, é a que neste momento está aberta ás achegas da cidadanía. O que si sabemos con certeza é cal é o seu esquema: Defíneo – Dótao- Faino – Cóntao. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>