Page Loader




Lanzamos a Canle Ribeira Sacra

A Canle Ribeira Sacra é o primeiro medio de comunicación audiovisual en liña que dá cobertura específica aos concellos, entidades, axentes e empresas desta zona. Busca reforzar as conexións comunicativas entre eles cun contido de calidade, colaborar na cohesión interna e proxectala cara fóra establecendo pontes con outros territorios.
Xente que chega, que cruza pontes, e que elixe facer camiños conectando o noso territorio con outros. Queremos conectar con eles e elas e compartir. Mais urxe conectarnos tamén entre nós. Sintámonos rede, e tomemos con responsabilidade decisións conxuntas de presente e de futuro para a #RibeiraSacra. Para iso cómpren pontes. #CanleRibeiraSacra

Queremos ser unha ponte entre territorios. Conectar a Ribeira Sacra. Conectarte a ti con ela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>