Mediación crítica fora e dentro da escola.
Acabamos de chegar de terras vascas e collimos de novo a maleta cara Catalunya, polo que aínda non nos deu tempo a comentar o que pasou no Congreso Internacional Arte, Ilustración y Cultura Visual en Educación Infantil y Primaria. Parte do equipo de Airoá estivo en Donostia do 29 de xuño ao 1 de xullo, nesta cuarta edición deste Congreso, este ano cun subtítulo especialmente suxerente: Mediación crítica fuera y dentro de la escuela.Tiñamos moitas ganas de voltar a Tabakalera, ese grande centro de cultura contemporánea vasco moi acaido como sede do encontro por ser un proxecto de mediación en si mesmo, que busca poñer en relación o proxecto cultural e o edificio, antiga fábrica de tabaco, coa cidadanía e as súas demandas.
Polas temáticas que aborda e pola metodoloxías consolídase coma un foro imprescindible para xs profesionais docentes e investigadorxs en pedagoxías en sentido amplo, que está aberto a persoas interesadas nas artes visuais, a creatividade en calquera vertente e metodoloxías artísticas aplicadas ás dinámicas de aula. Foi un encontro organizado pola Universidad del País Vasco, a Universidad Pública de Navarra, a Universidad de Granada, a Universitat de Barcelona, a Universidade de Aveiro e a Universidad de la República (Urugay) na que reflexionamos principalmente sobre dous campos: o da ilustración e o da mediación educativa. Ademáis de asistir a ponencias moi inspiradoras de artistas e mediadorxs internacionais participamos de tres dos oito obradoiros, parte troncal do Congreso: un de Exposiciones como herramienta en educación, outro de Ilustración creativa: contemos un cuentoe por último Creación participativa de un álbum ilustrado: de lectores/as a creadores/as de LI..
Gostamos especialmente da intervención do profesor de arte e mediador ecuatriano sobre arte, educación e activismos, Alejandro Cevallos.É membro de Gescultura e da red Another Roadmap for Art Education donde desenvolve unha investigación en torno á traxectoria da educación popular na rexión andina do Ecuador. É autorx do documental Mercado San Roque una casa para todos. Tamén nos pareceu interesantísima a aportación de Anna Majó y Teresa Viñalsda cooperativa de maestros Escola Dovella, e a de Galtzagorri Elkarte, do proxecto Sala “Itsaspeko Bihotzak” e Estibaliz Aberasturi-Apraiz, de Artikertuz.
Nun tempo o Congreso difundirá as actas e contidos baixolicencia Creative Commons e parte dos mesmos serán incluidos nun monográfico de 2018 en “Pulso Revista de Educación”