LGTBIQ+ no rural
O pasado 1 de abril coa Asociación de veciñxs Torre de Arcos e a Comisión de Sexodiversidade de A Galleira de Ourense organizamos esta xornada-obradoiro, na que tamén colaborou o Concello de Chantada. “Sexualidades, afectividades e novas ruralidades” foi o título dun obradoiro dinamizado por Ángel Amaro e Ximena González no que a través de varias dinámicas reflexionamos sobre identidades LGTBIQ+, e sobre xeitos non heteronormativos de ser e estar no rural. Tamén se presentou o fanzine ‘Galiza Nación Cuir’.
—
Materiais:
Galiza nación cuir: Primeiro Fanzine Segundo Fanzine
“Eiquí e agora… transmaribibolleras do rural por unhas aldeas diversas!” https://tinyurl.com/myy436a