Pola Educación Mediática!
Do 3 ao 6 de xullo estivemos como cada ano nas Jornades d’Educació en Comunicació organizadas polxs compañeirax de Aula Mèdia. Este ano celebráronse baixo o título ‘Educació Mediàtica per a una societat crítica’ e tiveron lugar no Recinte Escola Industrial en Barcelona.
Foron un espazo de reflexión e debate sobre como implementar a educomunicación nas aulas e nelas puidemos intercambiar experiencias de produción audiovisual pedagóxica e tamén reflexionar críticamente sobre os contidos dos medios audiovisuais.
Francesc-Josep Deó, coordinador de AulaMèdia. abriu as xornadas presentando a Joan Manuel Tresserras, da Facultat de Ciències de la Comunicació. UAB, que se encargou dunha conferencia inaugural baixo o título ‘Obter a información. Convertila en coñecemento’. Foron catro intensos días nos que tivemos a oportunidade de escoitar a Juana Gallego, Xavier Giró, o Montse Santolino entre outras. A nós interesounos particularmente a táboa de experiencias e proxectos na que participou, entre outrxs moitxs, o noso compañeiro Dídac Roger de Kineina Audiovisuals. cunha intervención baixo o título ‘Una mirada propera (documental escolar creatiu)’.
Foi moito o falado, compartido e debatido nestas xornadas nas que se puxo fincapé na activación dunha asignatura específica de educomunicación en secundaria e dos avances nese sentido. A continuación facilitamos un Storify no que aparecen moitas das reflexións e enlaces destas xornadas.