Page Loader




Preséntase o DVD de Asolagados

ASOLAGADOS proxección e presentación DVDs

Mañá 26 de decembro ás 20h proxéctase “Asolagados” e preséntase o seu DVD no Auditorio de Chantada. Esta produción audiovisual de 2013 está dirixida por David Vázquez e conta con Afonso Eiré como guionista. A peza documental conta coa coordinación da Asociación Educativo-Cultural Airoá Comunicación Chantada Comunicación. Asolagados fala dos pobos perdidos na construción do encoro de Belesar no ano 1963 e a historia cóntase a través do testemuño de persoas que tiveron que deixar as súas casas durante este proceso. O DVD está á venda na Librería Central de Chantada e nas Librerías de Taboada e o Saviñao.

Info práctica:

Lugar: Auditorio de Chantada
Día e hora: 26 de decembro ás 20h
Interveñen: Cristina López (produción e a promoción) e David Vázquez (director)
Web: coaaugaopescozo.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>