Page Loader

PROXECTOS

Estas son algunhas das nosas accións

Footer Icon

Educación en Comunicación

En colaboración con centros eduativos e Televinte
O

PINGUEIRA

32

O Encontro Pingueira. I Encontro transdisciplinar de coaprendizaxe en contexto [pingueira.airoa.gal], organizado con Nova Escola Galega tivo lugar entre noo IES Val do Asma en Chantada e o Ecomuseo de Arxeríz o pasado setembro de 2016. Abordou nesta primeira edición a Educomunicación e a tecnociencia co obxectivo de conectar, visibilizar e confrontar distintas investigacións e praxes transdisciplinares entre a educación, comunicación, creación contemporánea e as tecnociencias. O encontro contou coa interevención, a través de conferencias e tábocas redondas de Irene Lapuente de La Mandarina de Newton, Francesc Josep Deó de Aula Mèdia, Deborah García Bello de Dimetilsulfuro, Tucho Méndez de Bricolabs, Javier Conde do IES Lama das Quendas, Manolo González de ClipHistoria, Xosé Manuel Rosales de Proxecto Terra, José Antonio Quiroga do Ecomuseo de Arxeríz, Rita González, pedagoga crítica, Silvia Villar da Casa Colorida, entre outras

OBRADOIRO FAMILIAS

1

Novos usos e novos hábitos de consumo das pantallas foi un coloquio para familias de adolescentes celebrado o dia 22 de setembro de 2016 no IES Val do Asma de Chantada. Foi dinamizado por Francesc Josep Deó, presidente de Aula Mèdia, profesor de Tecnoloxía, xornalista e coordinador de EduCom. Conduciu un coloquio en Chantada para familias e educadorxs sobre o emprego das TIC por parte de nenxs e adolescentes. Abordásonse estratexias e ferramentas para un emprego consciente e responsable das mesmas. Abriuse un debate sobre o consumo da televisión e internet na aula e o fogar, a introdución dos dispositivos móbiles na cotidianidade de nenxs e adolescentes e a necesidade dunha mirada crítica a estes medios. Ademáis falouse das potencialidades dun emprego responsable dos mesmos en ambos contextos e fíxose un repaso das actividades pedagóxicas de Aula Mèdia no contexto catalán.

CAMPAÑA STOP ACOSO

stopAcoso

En colaboración co IES Val do Asma realizouse en maio de 2016 co alumnado de 2º da ESO un obradoiro para dar a coñecer a potencialidade da  técnica de animación Stop Motion . A temática escollida pola rapazada foi o bulliyng ou acoso escolar, un asunto que precisa ser traballado con urxencia nos centros educativos. A peza-resultado deste obradoiro ten por título “Stop-acoso” e foi realizada polos rapaces e rapazas, quen propuxeron a temática, deseñaron o entorno, tomaron as fotografías e idearon a banda sonora.

CAMPUS TICTACTIC

9

Espazo de capacitación en tecnoloxías da información e o coñecemento destinado a preadolescentes. Facilita o acceso a competencias dixitais, online e mais e offline, así coma o emprego responsable de dispositivos e plataformas tecnolóxicas ás que acceden na cotidianidade. Pon foco nas ferramentas que axudan a afrontar proxectos grupais e que fomenten a colaboración, organización, a creación de redes de traballo, así coma promoción do espírito crítico. Está dividido en catro módulos con diferentes temáticas. [Máis info: http://tictactic.airoa.gal/]

  • 2014. Módulo 1: “Eu no cuarto conectado: redes 2.0, redes sociais, comunicación dixital. Ferramentas dixitais para o traballo colaborativo.”
  • 2015. Módulo2: “Da remistura multimedia ao webdocumental. Historia(s) da Ribeira Sacra”

OBRADOIROS SECUNDARIA

6

Liña de traballo que conta coa colaboración dos centros locais de secundaria de Chantada e comarca e ANPAS. Impulsamos un amplo programa de obradoiros centrados na educación en comunicación: televisión, cinema, publicidade e animación. Son esencialmente prácticos e culminan coa creación dunha produción audiovisual na que se canalizan os coñecementos adquiridos.

  • 2016. “STOP ACOSO. Obradoiro de Stop Motion”. en colaboración co IES Val do Asma.
  • 2012. “Obradoiro de publicidade” en colaboración co IES Val do Asma.
  • 2009: “Conciénciate” co alumnado de 1º de bacharelato do IES Lama das Quendas no marco da disciplina “Ciencias para o Mundo Contemporáneo”.
  • 2009: “Silencio…gravando”. Obradoiro de audiovisual en colaboración co IES Lama das Quendas e IES Val do Asma.

OBRADOIROS DE PRIMARIA

3

Trátase dun espazo de formación en audiovisual no que se de producen contidos e co-realización de proxectos audiovisuais por parte de nenos e nenas de segundo ciclo de primaria en colaboración coa canle local TELEVINTE. Dunha banda busca o desenrolo da competencia comunicativa dos alumnos e alumnas e o seu empoderamento audiovisual que dota de competencias para expresarse publicamente. Doutra estimular o traballo en equipo para un proxecto colaborativo no que tanto elixen os contidos coma fan a produción, a gravación e a montaxe.

  • 2010. Primeira edición do “INFOESCOLA” en colaboración co CEIP Xoán de Requeixo
  • 2009: “Silencio…gravando” no CEIP Xoán de Requeixo en Chantada, CPI Santo Tomé do Carballo de Taboada, CPI Dr López Suarez en Esairón, CEIP Xoán de Requeixo, CPI Santo Tomé do Carballo e ANPA do CEIP Eloísa Rivadulla.

Produción audiovisual

Documental e ficción
O

O MOREDO

2

O Moredo”. A resistencia do Entroido Ribeirao é un documental etnográfico sobre o pasado, presente e futuro do Entroido Ribeirao na parroquia de Santiago de Arriba en Chantada.

ASOLAGADOS

8

“Asolagados” (2013), un documental dirixido por David Vázquez que trata de recuperar a memoria dos pobos asolagados polo encoro de Belesar en Chantada.

AS ALMAS DO FENTAL

1

“As Almas do Fental” (2009), curtametraxe de ficción de David Vázquez onde se trata o tema do abandono do rural e a desaparcición de núcleos poboacionais.

Outras actividades

Proxectos editoriais, producción
O

RESIDENCIAS DOCUMENTAIS

4

I Residencia Documental. Confrontar a Ribeira Sacra é un proxecto de residencia para documentalistas que ten como obxectivo buscar unha nova mirada sobre aspectos relacionados coa Ribeira Sacra: coa paisaxe, o patrimonio, aspectos socioeconómicos, recursos e outros ámbitos de interese particular da zona que se atopen problematizados. Na primeira edición Airoá Comunicación acolleu en agosto de 2016 a a Gonçalo Mota e Miren Gurutze en Chantada. licenciadas en Antropoloxía Aplicada ao Desenvolvemento pola Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD). Gonçalo ten cursado un mestrado en Documental de Creación na Universidade Pompeu Fabra en Barcelona. Ten investigado no Arquivo nacional da imagem em movemento de Portugal a través do C.R.I.A, con fondos da Fundação para a Ciência e Tecnologia no proxecto

COMISARIADO

5

Trátase da primeira retrospectiva en Galiza do arquitecto e pintor chantadino afincado en Jávea Manuel Jorge. Pinceladas galegas, trazos mediterráneos é o título desta exposición coordinada por Airoá Comunicación e comisariada por Alba Sánchez e María Tomé, que conta coa colaboración da Fundación Manuel Jorge e o Concello de Chantada, e tivo lugar do 3 de setembro ao 30 de outubro de 2016 en Chantada.  50 obras divididas en dous espazos da vila e dúas liñas artísticas. A Casa da Cultura (Casa de Lemos) acolleu a súa obra figurativa, na meirande parte de retratos, coa maioría das obras pintadas en Chantada ou relacionadas con Galiza. A Sala do Auditorio amosaba, por outra banda, a etapa máis internacional, con obra abstracta e planos e fotografías da súa arquitectura.  Durante os dous meses da exposición leváronse a cabo obradoiros e visitas guiadas especialmente dirixidas aos centros de ensino da vila, cunha programación didáctica deseñada e desenvolta dentro da propia asociación.

CONCERTOS

7

O Concerto de cámara homenaxe a Manuel Jorge celebrouse o día 3 de setembro de 2016 no Auditorio municipal de Chantada. Tratouse dun concerto de cámara homenaxe ao artista e arquitecto. Contou coa actuación do grupo de cámara Duo Stellae e tamén cos irmáns e músicos profesionais Manuel, Javier e Luís López Jorge. Propúxose un percorrido musical que xorde da mensaxe emocional dalgunhas das  pinturas de Manuel Jorge, que foron proxectadas durante a interpretación. Tratouse dunha viaxe musical a través de catro compositores: Robert Schumann, Claude Debussy, Isaac Albéniz e Manuel López Jorge.

DINAMIZACIÓN SOCIOCULTURAL

10

Da man da Asociación de veciñxs Torre de Arcos e da Comisión de Sexodiversidade de A Galleira Ourense organizamos esta xornada:”Sexualidades, afectividades e novas ruralidades”. Uun obradoiro dinamizado por Ángel Amaro e Ximena González no que reflexionaremos sobre identidades LGTBIQ+, e sobre xeitos non heteronormativos de ser e estar no rural. Tamén se presentou o fanzine ‘Galiza Nación Cuir’.

investigación

Congresos, seminarios e encontros
O

SOPA

sopa11

O pasado outubro tivo lugar en Zalamea de la Serena, Badajoz, noCongreso Internacional sobre Educación y Socialización del Patrimonio en el Medio Rural Airoá Comunicación presentou a ponencia ‘Conectando lo local. Los medios territoriales como activadores de entornos rurales fragmentados y su contribución a la preservación del patrimonio’. 

CITURDES

img_20161019_095917

O Congreso Internacional de Turismo Rural e desenvolvemento sostible. Ten lugar en Compostela do 19 ao 21 de outubro. A comunicación de Airoá Comunicación é “Os medios de comunicación territoriais como conectores de contornas locais fragmentas, garantes da preservación do patrimonio e activadores de modelos turísticos de base comunitaria.

-2016 “Mirar i educar criticament. Jornades d’educació en comunicació”. AulaMedia. Barcelona

-2016 “STEAMCONF. Conferencia internacional de comunicación”. CosmoCaixa. Barcelona

-2016 “VII encontro da Asociación Pedagóxica Francesco Tonucci”. Granada.

    • -2014/15. Participación no Seminario CIDEC sobre Educomunicación e Investigación-Acción Participativa en colaboración coa Universidade de Santiago.

 

    • -2014: Tradución de catalá ao galego do DVD multimedia “Dame a túa mirada”

 

    • -2011: Jornadas ETC 2011 “Educar la mirada. Educación en Comunicación” Aula Mèdia.

 

    • -2010:Jornades d’educació en Comunicació.Mercedes Vázquez presenta a Comunicación “Alfabetizándonos nas pantallas” Aula Mèdia, Barcelona

 

    • -2010: “Televisión local e alfabetización mediática”. Ponencia de Mercedes Vázquez no Congreso Ibeoamericano de alfabetización mediática e culturas dixitais.

 

    • -2010: Congreso Internacional Europa/América Latina ATEI “Alfabetización mediática y culturas digitales”. Universidad de Sevilla.

 

    • -2010: Jornadas ETC “Educació, Televisió i Cinema”. Aula Mèdia.

 

    • -2009-actualidade: Congresos de Pedagoxía da Imaxe. Nova Escola galega, Escola de Imaxe e Son, e Universidad Internacional Menéndez Pelayo. A Coruña.

 

  • -2005: Congreso Hispano-luso de Comunicación y Educación. La televisión que queremos: una televisión de calidad. Ponencia de Mercedes Vázquez: “Desde la televisión local para la educación global”. Universidad de Huelva.
    • -2004: XII Xornadas Mar por Medio. A importancia dos Medios de Comunicación na Sociedade Mundializada. Ponencia de Mercedes Vázquez nunha das mesas de debate. Consello da Cultura Galega e Concello de Ribadeo.

 

  • -2003: II Encontro, a información cultural en Galicia. O que contan os Medios. Ponencia de Mercedes Vázquez nunha mesa de debate o rganizada polo Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela.