Page Loader




Residencia documental ‘Confrontar a Ribeira Sacra’

residencias

Que é Confrontar a Ribeira Sacra?

É un proxecto de residencia documental coordinado pola nosa entidade e a empresa Chantada Comunicación que ten como obxectivo buscar unha nova mirada sobre aspectos relacionados coa Ribeira Sacra: coa paisaxe, o patrimonio, aspectos socioeconómicos, recursos e outros ámbitos de interese particular da zona que se atopen problematizados. Hanse abordar dun xeito crítico, nun exercicio de confrontación de pareceres que quedará plasmado na peza fílmica. A primeira residencia ten lugar en Chantada este mes de xuño e conta coa colaboración do equipo de Pinancho Audiovisuais e de Televinte.

Cal é o contexto de acción?

A Residencia pon foco nun aspecto en conflito relacionado con este territorio que comprende as ribeiras do Miño, Cabe e Sil, e discorre a través de vinte e un concellos do sur Lugo e norte de Ourense. Polo seu patrimonio material e inmaterial estase a considerar a pertinencia da candidatura desta zona a Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Alén da promoción turística é pertinente a activación de dispositivos que favorezan puntos de vista diversos e albiscar lugares comúns, e tamén disensos, de cara a imaxinar liñas estratéxicas para o futuro da zona.

Como se vai desenvolver?

O proceso ha estar marcado polo intercambio do background das persoas participantes desta experiencia, a contraposición de miradas e a creatividade coa que se han enfocar os chanzos da produción. Isto vai permitir un marco de reflexión idóneo para construír un punto de vista único sobre o tema en cuestión e acadar a mellor versión fílmica posible para tratalo. 

Con quen colaboramos?

Poñemos en contacto a creadorxs, cineastas ou investigadorxs audiovisuais que traballan noutros contextos nacionais ou  internacionais con especialistas locais dunha determinada materia a analizar e confrontar na peza fílmica. Vai dirixida especialmente a persoas que veñan traballando dende o ámbito rural ou o seu traballo faga fincapé neste eido. Ambas persoas convivirán durante dúas semanas con membros de Airoá Comunicación, que se han encargar da produción e tamén achegarán previamente toda a documentación sobre a materia e colaborarán cx documentalista a facer unha revisión do estado da arte sobre o tema

Seguimos a comunicar!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>