O Mes de outubro arrancamos un tour de congresos en Airoá. Do dous ó nove comemos SOPA, e prestounos. Andivemos no mellor encontro posible sobre patrimonio da aldeanía: o Congreso Internacional sobre Educación y Socialización del Patrimonio en el Medio Rural’. Foi en Zalamea de la Serena, Badajoz, na Extremadura profunda. No noso ver superou de lonxe as espectativas da organización. O Principal obxectivo era facilitar un espazo para ‘educar no común, contactar, facilitar o acceso e a transmisión do patrimonio no rural e emancipar o coñecemento mediante a expansión dos saberes e a co-creación de contididos e metodoloxías’. Nesta edición o seminario era sobre patrimonios do conflito. Un dez en contidos, en metodoloxías, en espazos, en calidade humana e en organización. Un dez a Sabah e un dez a Juanjo.
Tratouse o patrimonio rural como un elemento dinamizador para o desenvolvemento de territorios e comunidades e falouse dos espazos culturais para o coñecemento do mesmo. Aprendemos con proxectos participativos e de xestión comunitaria e vimos como aportaban elementos transformadores aos planos de desenvolvemento. Fixéronse estudos de caso de proxectos de xestión de territorios e paisaxes, e dinamizadores do patrimonio material e o seu entorno social. Tamén aprendimos ferramentas para a didáctica e a xeración de coñecemento patrimonial. Visita a Docenario. Imaxe propia.
Atopámonos con proxectos transnacionais e outros moi locais de traballo con comunidades sobre o patrimonio cultural e natural, con proxectos, accións e ferramientas para o rexistro do patrimonio e a memoria colectiva. Aprendimos de procesos metodolóxicos para a dinamización de espazos e paisaxes arqueolóxicos dende a administración, a academia e a arqueoloxía pública… e importante e moitas veces esquecido: s comunidade.Visita a Cancho Roano. Imaxe propia.
Destacamos tres presentacións iniciais: a do Xurxo Ayan Vila “Excavando con cascos azules: la gestión patrimonial de lugares conflictivos”, a do Francisco Quiroga, “Amar en tiempos revueltos, o de cómo abordar el conflicto” e a de Alicia Lapenta “La participación comunitaria y su riesgo al fracaso”. A partir de aí a sopa desbordouse do plato, como poderedes comprobar no programa. Pamos o resto da semana nunha deriva constante entre propostas mooooi suxerentes. Moi interesantes temén as saídas de campo: a Docenario, un pobo de colonización do Plan Badajoz, ó Cementerio dos Italianos, e ó Museo da Guerra Civil.Museo G. C. Imaxe SOPA
Tamén tivemos ocasión de visionar o documental galego “As pedras de San Lourenzo”, sobre o proxecto arqueolóxico do Castro de San Lourenzo (Cereixa, A Pobra do Brollón), que iniciou a súa andaina en 2016.
Unha das sesións que máis disfrutamos foi a de ‘Nuevas oralidades y prácticas extitucionales’ con Antonio Lafuente do Medialab-Prado. Introduciunos ás bibliotecas entendéndoas coma un terceiro espazo entre o privado e o público: coma un espazo de subxectivación. Sobrevivirán aas bibliotecas ao S. XXI, preguntaba? Se se sitúan no extitucional, o prospectivo, se son ‘encarnadas’ e non ‘encuadernadas’ e se abren ao social: aos colectivos, ás comunidases, á veciñanza…Obradoiro. Imaxe propia.
Falounos da ‘Convivencialidade’ de Iván Illich e a aposta de bibliotecas como espazos de coidados alén da súa concepción coma espazos disciplinarios. Esta conferencia foi seguida do obradoiro de ‘Gestión e (re)aprobación de espacios comunes para la cultura’ con Francisco Quiroga, Sabah Walid e Carlos Muñoz. Entre outras prototipamos varias -tecas coma unha “Brincoecoteca” para crianzas en espazos naturais, unha “Biblioteca diversa” que atendía a minorías infrarrepresentadas en outras bibliotecas.Obradoiro. Imaxes propias.
A nosa aportación ó encontro foi o venres de mañá na Casa de Pedro Crespo baixo o título ‘Conectando lo local. Os medios territoriales como activadores de entornos rurales fragmentados y su contribución a la preservación del patrimonio’. Na sesión falamos dos medios locais e da súa especificidade, o seu apego ó territorio e a súa capacidade de movilización e interacción coas comunidades da zona onde operan. Sinalamos que a súa presenza contrubúe á mellora dos lazos comunicativos entre pares e á cohesión das comunidades con dificultades de accesibilidade telemática e dixital
A Mercedes Vázquez relatou a experiencia de Televine, que leva 18 anos na demarcación de Chantada co obxectivo de dar voz aos axentes do territorio e aportar diferentes puntos de vista sobre o mismo; visibilizar a actualidade, as historias e o patrimonio material e inmaterial; educar e fomentar a mirada mediática crítica; xenerar un arquivo documental con vocación de recoller, a modo de folksonomia, aspectos particulares de esta área para fomentar su preservación.
A Andrea Olmedo advertiu dos potenciais perigos para este medio: a vocación de comunicar o territorio e o seu patrimonio e a tendencia á turistificación do mesmo; a súa aposta polo emprego de las Tics en áreas con baixa accesibilidade tecnolóxica; a súa vocación de medio dende e para esta zona e también cara o exterior; o mantemento da súa audiencia e o relevo xeneracional.
Televinte plantexa oreto de repensar a viabilidade da canle e de rediseñarla. Con esta vocación estáse a xestar aCanle Ribeira Sacra, plataforma online transmedia descentralizada no territorio que comprenden veintiún concellos de Lugo e Ourense. Nun momento no que a comunicación social está atravesada polo paradigma do ubicacional plantexa unha estratexia contraria á territorialización dos mass media: a da rede local conectada. Deixamos os slides dapresentación
Descubrimos que o SOPA nunca durme. A partir das 22h a organización artellaba encontros máis informais en forma de “Desconferencia” e “Tcuentos” en diferentes bares de Zalamea. O venres pola noite asistimos ó mellor do Congreso: “Zalamea que te commons”, unha cea colaborativa na que tivemos a oportunidade de probar manxares da zona de cada participante. A nosa aportación foi viño da Ribeira Sacra, queixo do país e bolechas da zona. Ademáis, a partir das doce da madrugada sacamos esas meigas que levamos dentro e conxuramos, da man dunhas cen compañeirxs, unha queimada. E nese queimar e renacer no lume conspiramos con Alicia Lapenta, arquitecta arxentina e membro do ICOMOS, un plan perfecto: convidámola a facer a viaxe de volta a Galiza connosco e coñecer como é unha vendima tradicional na ribeira chantadina. E accedeu. E foi o peche perfecto para un encontro que vivimos intensamente e que pensamos, se as meigas nos axudan, repetir o vindeiro ano…. en Yucatán.