Page Loader




STOP-ACOSO!

Arrancamos a tempada de obradoiros de capacitación audiovisual en secundaria da man do IES Val do Asma en Chantada, co alumnado de 2º da ESO. A proposta que lles fixemos desta volta foi a realización dunha peza audiovisual mediante a técnica stopmotion.

En Airoá gostamos inmenso da técnica e as posibilidades expresivas do stopmotion,un tipo de animación que consiste en simular o movemento de obxectos estáticos do real por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas coas que se xera a sensación visual de acción.

Nesta ocasión a temática escollida pola rapazada foi o bulliyng ou acoso escolar, un asunto que precisa ser traballado con urxencia nos centros educativos e sobre o cal tivemos a oportunidade de debater ao longo das sesións que durou o obradoiro.

A peza-resultado deste obradoiro ten por título “Stop-acoso” e foi enteiramente realizada polos rapaces e rapazas, quen propuxeron a temática, deseñaron o entorno, tomaron as fotografías, deseñaron a banda sonora e editaron o material.

Contaron co apoio e dinamización da nosa compañeira Alba Sánchez, quen valora o obradoiro moi positivamente, aínda que sinala que é urxente un fomento das aptitudes creativas do alumnado, que ten grandes eivas á hora de afrontar de xeito proactivo proxectos propios baseados no traballo colaborativo.

Deixámosvos coa peza!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>