VALORANDO PINGUEIRA
Como sabedes o Encontro Pingueira, da man de Nova Escola Galega, naceu co gallo de conformar unha comunidade de aprendizaxe e así vencellar a profesorado, a investigadorxs, a alumnado e a familias e reflexionar sobre liñas estratéxicas en educomunicación. Tratouse dun encontro de carácter transdisciplinar que pretendía adaptarse ás particularidades do territorio de onde xorde, marcadamente rural. Estivo composto por conferencias, mesas redondas, estudos de caso e dinámicas de grupo e contou coa participación entre outrxs de Irene Lapuente, Deborah G. Bello, Tucho Méndez ou Rita González.

As liñas de investigación foron a educomunicación e tecnociencia, a interdisciplinariedade ACTS (artes + ciencias + tecnoloxías e sociedade), os sistemas de co-aprendizaxe, afondando na educación en contexto (ruralidades) e a transmisión interxeneracional do patrimonio mediante estratexias con TIC.
Tivo como participantes a profesorado activo de Primaria e Se
A nosa valoración do Encontro é positiva, cremos que se cumpliron os obxectivos a nivel contidos e metodoloxías, e que tanto ponentes coma o resto de participantes deron o máximo da súa parte pra que todo estivese ótimo. Porén non podemos deixar de sinalar que a celeridade coa que tivemos que organizar o Encontro fixo que quedasen aspects de produción, de comunicación, e de documentación por cubrir. Aínda que contamos con grandes colaboradorxs coma o Ecomuseo de Arxeríz, a comunidade educativa do Ies Val do Asma e xs compas de Pinancho Audiovisual e Televinte, articular un encontro tal entre as tres persoas que actualmente traballamos de xeito máis activo en Airoá foi complexo.

Unha vez recollidos os datos, procedeuse a unha análise da información recollida que será devolta ás persoas participantes en forma de artigo no sitio web do Encontro. Os datos que se poden tirar das opinións dos asistentes amosan o cumprimento dos obxectivos previstos e a satisfacción por teren participado na actividade tal como vemos a través da análiste cuestión a cuestión. A continuación deixamos o parecer dxs participantes.

avaliacion_pingueira
Lastra de Nova Escola Galega sinalou que o máis probable era que esta Pingueira deviñese en FERVENZA. Non sabemos se isto vai chegar a acontecer, mais dende Airoá continuaremos a poñer, pinga a pinga, a nosa enerxía para que isto suceda. Precisamos as vosas!
