Page Loader




MONTAMOS PINGUEIRA

O 23 e o 24 de setembro estamos a organizar en Chantada Pingueira #1 Educomunicación e tecnociencia.

Este encontro impulsado da man de Nova Escola Galega busca conformar unha comunidade de aprendizaxe que vencelle a profesorado, personal investigador, alumnado e familias para conxuntamente reflexionar sobre liñas estratéxicas en educomunicación.

O principal obxectivo deste encontro é facilitar ferramentas que axuden á dinamización da nosa cultura audiovisual, dixital e en liña a través do empoderamento tecnolóxico desta comunidade entendida nun sentido amplo valorizando os coñecementos locais e facilitando a interacción entre xeracións. Esta primeira edición artéllase en torno á liña estratéxica da educomunicación na intersección coa tecnociencia.

Está composto por un obradoiro para o alumnado de secundaria sobre remistura videográfica a tempo real e unhas xornadas, compostas por conferencias, mesas redondas, estudos de caso e dinámicas grupais. Trátase dun encontro de carácter transdisciplinar que se adapta ás particularidades do territorio de onde se inscribe, marcadamente rural. Chantada, na provincia de Lugo e Arxeríz en O Saviñao serán os lugares escollidos para este primeiro encontro, que tamén se estende a outros puntos da Ribeira Sacra.

Abrimos o prazo de inscrición! E a quén apelamos? pois a un amplo abano de perfís!

  • Comunidade educativa: profesorado, alumnado e familias.
  • Profesionais da educación, comunicación, tecnociencia e creación contemporánea.
  • Persoal investigador do ámbito universitario, museístico ou independente.
  • Movementos sociais e axentes sociais diversos.
  • Persoas en xeral que estean interesadas en reflexionar sobre estes eixos epistemolóxicos
  • Se cres que podes aportar e tes ganas e aprender connosco tes toda a info para te inscribir neste link.

Toda a info na súa web

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>