Page Loader




Mirar atrás é mirar adiante

Ó subir o último chanzo de 2016 cremos importante mirar cara atrás e valorar o ano. Foron meses intensos de investigación, aprendizaxe e acción que queremos partillar convosco. Primeiro por unha cuestión de transparencia, e máis traballando en parte con recursos públicos. Segundo e mooooooi importante para vos dar as grazas a todas as persoas, colectivos,  institucións e demais axentes sociais que colaborastes connosco nos proxectos que impulsamos neste ano. Terceiro para vos contaxiar desta nosa enerxía-desexo que se expande dende o lugar de Airoá na procura de aliadxs e parceirxs, apelando á túa colaboración

Como ben sabedes as nosas tres liñas de acción son a educomunicación, a dinamización sociocultural do territorio rural a través de proxectos de investigación-acción e audiovisuais e o estudo sobre as potencialidades dos medios de comunicación e as redes locais como elementos claves no desenvolvemento comunitario. Foi un ano de encontros, de obradoiros, de residencias, de producción documental, de congresos, no que ata comisariamos unha retrospectiva a un dos artistas galegos de máis nome. Pasen e vexan! queden!

EDUCOMUNICACIÓN

Pingueira

2

O Encontro Pingueira. I Encontro transdisciplinar de coaprendizaxe en contexto [pingueira.airoa.gal], organizado con Nova Escola Galega tivo lugar entre noo IES Val do Asma en Chantada e o Ecomuseo de Arxeríz o pasado setembro de 2016. Abordou nesta primeira edición a Educomunicación e a tecnociencia co obxectivo de conectar, visibilizar e confrontar distintas investigacións e praxes transdisciplinares entre a educación, comunicación, creación contemporánea e as tecnociencias. O encontro contou coa interevención, a través de conferencias e tábocas redondas de Irene Lapuente de La Mandarina de Newton, Francesc Josep Deó de Aula Mèdia, Deborah García Bello de Dimetilsulfuro, Tucho Méndez de Bricolabs, Javier Conde do IES Lama das Quendas, Manolo González de ClipHistoria, Xosé Manuel Rosales de Proxecto Terra, José Antonio Quiroga do Ecomuseo de Arxeríz, Rita González, pedagoga crítica, Silvia Villar da Casa Colorida, entre outras.

Coloquio para familias sobre TIC

2

Novos usos e novos hábitos de consumo das pantallas foi un coloquio para familias de adolescentes celebrado o dia 22 de setembro de 2016 no IES Val do Asma de Chantada. Foi dinamizado por Francesc Josep Deó, presidente de Aula Mèdia, profesor de Tecnoloxía, xornalista e coordinador de EduCom. Conduciu un coloquio en Chantada para familias e educadorxs sobre o emprego das TIC por parte de nenxs e adolescentes. Abordásonse estratexias e ferramentas para un emprego consciente e responsable das mesmas. Abriuse un debate sobre o consumo da televisión e internet na aula e o fogar, a introdución dos dispositivos móbiles na cotidianidade de nenxs e adolescentes e a necesidade dunha mirada crítica a estes medios. Ademáis falouse das potencialidades dun emprego responsable dos mesmos en ambos contextos e fíxose un repaso das actividades pedagóxicas de Aula Mèdia no contexto catalán.


Obradoiro de televisión

PROX VISITAS COLES

En colaboración con varios centros de primaria desenvolvéronse unha serie de actividades tendo como eixo principal o achegamento á televisión local de Chantada. Unha delas coa participación de Anxo Moure, educador medioambiental. Tratábase de facer o seguimento e elaboración dunha reportaxe ou noticia, facendo ao alumnado partícipe das propias entrevistas coa redacción, gravado, voz en off e edición final.

Obradoiro de Stop Motion

stopAcoso

En colaboración co IES Val do Asma realizouse en maio de 2016 co alumnado de 2º da ESO un obradoiro para dar a coñecer a potencialidade desta técnica . A temática escollida pola rapazada foi o bulliyng ou acoso escolar, un asunto que precisa ser traballado con urxencia nos centros educativos. A peza-resultado deste obradoiro ten por título “Stop-acoso” e foi realizada polos rapaces e rapazas, quen propuxeron a temática, deseñaron o entorno, tomaron as fotografías e idearon a banda sonora.

PRODUCIÓN AUDIOVISUAL

"O Moredo”

ChtJ4tKWsAAb4rU.jpg:large

O Moredo”. A resistencia do Entroido Ribeirao é un documental etnográfico sobre o pasado, presente e futuro do Entroido Ribeirao na parroquia de Santiago de Arriba en Chantada. Trátase dun roxecto fílmico en edición cuxa pre-edición proxectouse na Semana do Cinema de Chantada celebrada o pasado agosto de 2016. É unha curtametraxe documental de 35′ que recolle historias relativas ó entroido ribeirao no lugar do Moredo, en Santiago de Arriba, Chantada. Sobre todo céntrase nos testemuños das persoas maiores que viviron o entroido nese lugar e comparten as tradicións relativas a este evento, a súa época de represión e como ven a situación actual do mesmo. Tamén recolle o testemuño das novas xeracións que están loitando por mantelo con vida e o conflito xeneracional que esto supón. É unha peza dirixida por David Vázquez con Guión deste e de Lorena Gallardo na que tamén colabora a Asociación de amigos do Entroido Ribeirao.

Residencia Documental

resi_docu_cartaz_logos_web

I Residencia Documental. Confrontar a Ribeira Sacra é un proxecto de residencia para documentalistas que ten como obxectivo buscar unha nova mirada sobre aspectos relacionados coa Ribeira Sacra: coa paisaxe, o patrimonio, aspectos socioeconómicos, recursos e outros ámbitos de interese particular da zona que se atopen problematizados. Na primeira edición Airoá Comunicación acolleu en agosto de 2016 a a Gonçalo Mota e Miren Gurutze en Chantada. licenciadas en Antropoloxía Aplicada ao Desenvolvemento pola Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD). Gonçalo ten cursado un mestrado en Documental de Creación na Universidade Pompeu Fabra en Barcelona. Ten investigado no Arquivo nacional da imagem em movemento de Portugal a través do C.R.I.A, con fondos da Fundação para a Ciência e Tecnologia no proxecto Atrás da câmara: práticas de visualidade e mobilidade no filme turístico português.

ACCIÓNS

 

Exposición de Manuel Jorge

CARTEL_MJ_web

Trátase da primeira retrospectiva en Galiza do arquitecto e pintor chantadino afincado en Jávea Manuel Jorge. Pinceladas galegas, trazos mediterráneos é o título desta exposición coordinada por Airoá Comunicación e comisariada por Alba Sánchez e María Tomé, que conta coa colaboración da Fundación Manuel Jorge e o Concello de Chantada, e tivo lugar do 3 de setembro ao 30 de outubro de 2016 en Chantada.  50 obras divididas en dous espazos da vila e dúas liñas artísticas. A Casa da Cultura (Casa de Lemos) acolleu a súa obra figurativa, na meirande parte de retratos, coa maioría das obras pintadas en Chantada ou relacionadas con Galiza. A Sala do Auditorio amosaba, por outra banda, a etapa máis internacional, con obra abstracta e planos e fotografías da súa arquitectura.  Durante os dous meses da exposición leváronse a cabo obradoiros e visitas guiadas especialmente dirixidas aos centros de ensino da vila, cunha programación didáctica deseñada e desenvolta dentro da propia asociación.

Eventos musicais

concerto_musica_MJ_CS6

O Concerto de cámara homenaxe a Manuel Jorge celebrouse o día 3 de setembro de 2016 no Auditorio municipal de Chantada. Tratouse dun concerto de cámara homenaxe ao artista e arquitecto. Contou coa actuación do grupo de cámara Duo Stellae e tamén cos irmáns e músicos profesionais Manuel, Javier e Luís López Jorge. Propúxose un percorrido musical que xorde da mensaxe emocional dalgunhas das  pinturas de Manuel Jorge, que foron proxectadas durante a interpretación. Tratouse dunha viaxe musical a través de catro compositores: Robert Schumann, Claude Debussy, Isaac Albéniz e Manuel López Jorge.

.

INVESTIGACIÓN

SOPA Congress

sopa1

O pasado outubro tivo lugar en Zalamea de la Serena, Badajoz, noCongreso Internacional sobre Educación y Socialización del Patrimonio en el Medio Rural Airoá Comunicación presentou a ponencia ‘Conectando lo local. Los medios territoriales como activadores de entornos rurales fragmentados y su contribución a la preservación del patrimonio’. 

X Citurdes

img_20161019_095917

O Congreso Internacional de Turismo Rural e desenvolvemento sostible. Ten lugar en Compostela do 19 ao 21 de outubro. A comunicación de Airoá Comunicación é “Os medios de comunicación territoriais como conectores de contornas locais fragmentas, garantes da preservación do patrimonio e activadores de modelos turísticos de base comunitaria.

STEAMConf

pm2

Encontro que reuniu en abril de 2016 en Barcelona algúns dos proxectos máis recoñecidos en Europa e Estados Unidos sobre educación STEAM (combinación de ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas). 

VII encontro APFRATO

tonucci-1[1]

Esta coñecida asociación pedagóxica celebrou en Granada o pasado mes de xuño de 2016 o seu VII encontro, desta vez co foco na lexislación e normativa educativa. 

DESENVOLVEMENTO WEB

WEB E REDES AIROÁ

web_airoa

WEB E REDES PINGUEIRA

web_pingueira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>